O fútbol chinés chega o CGTD

Pontevedra
23 de novembro 2016

Pablo Vieites, ex-alumno do centro, ofreceu unha charla aos actuais alumnos sobre a súa experiencia como adestrador no país asiático

Charla de Pablo Vieites no CGTD
Charla de Pablo Vieites no CGTD / IES Sánchez Cantón

A experiencia de dez meses de traballo no fútbol chinés chegou este martes ao Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra.

Pablo Vieites, ex alumno do CTD de fútbol no Sánchez Cantón, centro ao que está asociado academicamente o CGTD, explicou aos actuais alumnos as súas vivencias no país asiático.

O adestrador galego trasladouse a China para traballar no fútbol base, tanto nun club como en varias escolas.

Vieites falou do choque cultural ao chegar a un país como China, e tamén das posibilidades a nivel laboral que existen actualmente para técnicos españois no estranxeiro.