O fútbol pontevedrés de base ponse en marcha máis dun ano despois

Pontevedra
26 de marzo 2021

A Real Federación Galega de Fútbol activa esta fin de semana as súas competicións autonómicas de base en fútbol e fútbol sala, cun formato  exprés que se prolongará entre 10 e 16 semanas en función da categoría

Estrea do novo campo de fútbol de Ponte Sampaio
Estrea do novo campo de fútbol de Ponte Sampaio / Cristina Saiz

A Real Federación Galega de Fútbol (RFGF) activa esta fin de semana, máis dun ano despois e tras meses de incerteza, as súas competicións de base.

Isto supón tamén o regreso á acción dos equipos pontevedreses, tanto de fútbol como de fútbol sala.

Todas estas competiciones contarán cun formato exprés, de entre 10 e 16 semanas de duración.

No caso do fútbol, explica a RFGF, seguen o mesmo formato exposto para a Preferente Galicia e para o resto das categorías: tres meses de competición, hai ascensos pero non descensos, unha primeira fase en subgrupos, unha segunda fase polo ascenso entre os clasificados e a novidade é que se creará unha competición de Copa para aqueles equipos que queden eliminados na primeira fase.

As ligas que comezan esta fin de semana son:

  • Fútbol: 1ª División Feminina, Liga Galega Xuvenil, División de Honra Cadete, Liga Galega Cadete, Liga Galega Infantil e Liga Galega Infantil Feminina.
  • Fútbol sala: Liga Galega Xuvenil masculina e feminina, División de Honra Cadete, Liga Galega Cadete masculina e feminina, Liga Galega Infantil masculina e feminina e Liga Galega Alevín masculina e feminina.

 

Tras o inicio de todas estas categorías, a Federación traballa agora na activación de todas as competicións de base tanto provinciais como locais, estando previsto o inicio no caso das provinciais para o día 11 de abril.