O fútbol sala pontevedrés bótase á rúa coa segunda edición do Futsal Street

Pontevedra
20 de xuño 2015

O Leis pontevedra organiza a segunda edición do seu torneo de fútbol sala na rúa cun maratón deportivo na Avenida Montero Ríos

Futsal Street do Leis Diego Santomé

Un auténtico maratón de futbol sala. Así se formulou a segunda edición do Futsal Street que arrancou na tarde do venres colonizando a céntrica Avenida de Monteiro Ríos.

O torneo de fútbol sala na rúa organziado polo Leis Pontevedra repite experiencia con dúas pistas de 15-35 metros instaladas na avenida.

Non obstante o do venres era só un aperitivo do sábado, con partidos programados de xeito constante dende as 9:30 horas ata as 20:30 horas.

Centos de xogadores repartidos en equipos de categoría prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, júnior e sénior inscribíronse nun torneo que nas súas categorías de base contou coa presenza dos clubs ED Marín, Arealonga, Santiago Futsal, ADFS Bueu e Morrazo, ademais do Leis Pontevedra.