O Futsi Atlético Féminas, primeiro rival dun Poio Pescamar que retoma o luns os adestramentos

Poio
03 de agosto 2017

O Futsi Atlético Féminas será o primeiro rival do Poio Pescamar nunha nova tempada na Primeira División, a máxima categoría de fútbol sala feminino. Ambos os conxuntos enfrontaranse no pavillón da Seca o 16 de setembro, segundo determinou o sorteo do calendario que se celebrou na Real Federación Española de Fútbol

Partido entre Poio Pescamar e AD Alcorcón na Seca
Partido entre Poio Pescamar e AD Alcorcón na Seca / Cristina Saiz

O Futsi Atlético Féminas será o primeiro rival do Poio Pescamar nunha nova tempada na Primeira División, a máxima categoría de fútbol sala feminino. Ambos os conxuntos enfrontaranse no pavillón da Seca o 16 de setembro, segundo determinou o sorteo do calendario que se celebrou na Real Federación Española de Fútbol.

A primeira viaxe das poienses será a Cataluña. O 23 de setembro (xornada 2) enfrontaranse ao Penya Esplugues. Será unha semana antes de recibir de novo en Poio ao Cidade de As Burgas ourensán, o primeiro dos derbis que terán que disputar esta tempada.

Ourense (28 de outubro, xornada 7) a domicilio e Burela (18 de novembro, xornada 10) en casa serán os outros dous choques galegos da primeira volta.

O Poio Pescamar chegará ao ecuador da competición o 20 de xaneiro, visitando ao UCAM O Pozo Murcia. Será o mesmo partido, pero esta vez na Seca, que pechará a liga o 2 de xuño.

O calendario completo de competición pódese consultar nesta ligazón.

Para preparar a nova tempada, as xogadoras do club regresarán aos adestramentos o próximo 7 de agosto no pavillón da Seca.