O futuro do taekwondo pontevedrés cítase no Municipal

Pontevedra
06 de abril 2016

O Campionato Provincial en Idade Escolar de Taekwondo celebrarase este domingo 10 de abril, coas instalacións do Pavillón Municipal como escenario. Modalidades técnicas, freestyle e unha exhibición, serán ofrecidas polos deportistas

Miguel Cortegoso, Javier Dios e Chelo Besada na presentación do Campionato Provincial en Idade Escolar de Taekwondo
Miguel Cortegoso, Javier Dios e Chelo Besada na presentación do Campionato Provincial en Idade Escolar de Taekwondo / Mónica Patxot

Un total de 667 deportistas de entre 6 e 16 anos, daranse cita durante este domingo 10 de abril no Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra, no Campionato Provincial en Idade Escolar de Taekwondo.

Esta gran cantidade de deportistas ofrecerán diferentes modalidades ao público, que poderá asistir de de balde. Deste xeito, a partir as 10:00 horas ata as 14:30 horas terán lugar as modalidades de técnicas infantís. Doutra banda, desde as 16:30 horas ata as 17:00 horas realizarase o freestyle e de 17:00 horas a 18:30 producirase a exhibición.

Este evento, foi presentado este mércores 6 de abril por Miguel Cortegoso (representante do Club Mace Sport), Chelo Besada e Javier Dios (representantes da Deputación de Pontevedra) e Guillermo Reinaldo García (Coordinador de Deporte Escolar na Xunta de Galicia), acompañados pola concelleira de Deportes do Concello de Pontevedra, Anxos Riveiro. Todos eles quixeron destacar a grande cantidade de participantes e a "espectacularidad" dalgunhas modalidades.

Entre os 19 clubs participantes, o evento contará cos tres mellores deportistas de ámbito nacional, facendo referencia Miguel Cortegoso á calidade que ofrecerá a competición.