O Galaico, a polo ascenso á División de Honra da Liga Galega de natación

Pontevedra
27 de marzo 2023

A pesar das importantes baixas coas que contaban, o Club Natación Galaico cumpriu coas expectativas. Disputará a fase de ascenso á División de Honra da liga Galega. Certificou o pase tras a terceira xornada da fase preliminar de Primeira División, que se celebrou esta fin de semana en Carballo

Deportistas do Galaico que competiron en Carballo
Deportistas do Galaico que competiron en Carballo / Club Natación Galaico

A pesar das importantes baixas coas que contaban, o Club Natación Galaico cumpriu coas expectativas. Disputará a fase de ascenso á División de Honra da liga Galega.

Certificou o pase tras a terceira xornada da fase preliminar de Primeira División, que se celebrou esta fin de semana en Carballo.

As ausencias de nadadores como Cristian Fernández, Jacobo Ucha, Juan David Hernández e Tomás Bouzas foron suplidas por infantís e junior que subiron ao primeiro equipo e que, segundo destaca o club, desempeñaron un gran papel.

Moitos dos seus deportistas melloraron as súas propias marcas persoais, o que contribuíu a que o conxunto pontevedrés se mantivese toda a xornada nos postos de cabeza.

Os mellores resultados para o Galaico asináronos Dani Sánchez, primeiro en 50 costas e terceiro en 50 bolboreta; Antía García, primeira en 50 bolboreta; Sofía Barros, segunda en 800 libre; Giséle Rocha, terceira en 800 libre; e Ana Pérez, segunda en 200 braza.

A fase final polo ascenso celebrarase o 6 de maio nunha sede aínda por confirmar. Ascenderán os dous primeiros clubs clasificados.