O Galaico Sincro inicia unha nova tempada competindo en Madrid

Pontevedra
04 de novembro 2015

O club pontevedrés foi o único galego participante na primeira xornada da liga Open de Figuras Técnicas de Sincronizada da Federación Madrileña, medindo o seu nivel con algunhas das potencias nacionais da natación sincronizada

Equipo do Galaico Sincro
Equipo do Galaico Sincro / Galaico Sincro

Primeiro compromiso da tempada para o Galaico Sincro e con boas sensacións.

O club pontevedrés foi o único galego en tomar parte da primeira xornada da liga Open de Figuras Técnicas de Sincronizada da Federación Madrileña, onde se mediu a algún dos clubs máis potentes da natación sincronizada nacional.

A pesar diso o Galaico conseguiu colocar a dous das súas nadadoras entre as dez primeiras clasificadas, ademais dun décimo posto infantil por idades e e un undécimo posto en categoría xuvenil.

O obxectivo da entidade pontevedresa era preparar a tempada galega de competicións, co aliciente de participar nunha das ligas máis competitivas, xunto á catalá, do estado.

O equipo do Galaico formárono: Sara Fernández, Paula Riveiro, Laura Tilve, Lola Gómez, Paola Piñeiro, Sara Marescot, Lara Corbacho, Candea Seoane, Alexandra Piñeiro, Begoña Ferrer, Elisa Seoane e Laura Arias.