O Grove apúntase á orientación deportiva

Pontevedra
27 de xuño 2017

O Club Aromon de Pontevedra, en colaboración co Concello do Grove, organizou por primeira vez unha proba no municipio meco

Primeira carreira de orientación Concello do Grove
Primeira carreira de orientación Concello do Grove / Club Aromon Pontevedra

O Club Aromon de Pontevedra, coa o colaboración do Concello do Grove, organizou por primeira vez unha proba de orientación deportiva no municipio meco.

Nunha xornada asollada e rodeada de bo ambiente, a competición desenvolveuse cunha grande participación, sobre todo nas categorías infantís.

A I Carreira de Orientación Concello do Grove dividiuse en tres categorías: iniciación curta (para nenos), iniciación longa (adultos) e avanzada (para deportistas federados).

A proba discurriu pola zona urbana próxima ao porto, entre pequenas rúas e canellóns sen saída con controis situados en diferentes esculturas ao longo do centro urbano.

Con esta satiasfactoria experiencia o Club Aromon xa pensa en repetir con próximo eventos no centro urbano do Grove e tamén na illa da Toxa.