O GV Sports lócese no Campionato Galego de Dúatlon

Pontevedra
13 de abril 2016

O club pontevedrés conseguiu cinco medallas no campionato, que concluíu a pasada fin de semana en Lugo

Equipo feminino do GV Sports en Vedra GV Sports

Lugo acolleu o peche do Campionato Galego de Dúatlon de estrada, unha competición que non se lle deu nada mal ao GV Sports.

O club pontevedrés conseguiu ata cinco medallas, entre as que destacan o ouro por equipos en categoría feminina, por diante de Tri-Penta Terras de Lugo e Arcade Inforhouse de Santiago, e os primeiros postos tamén de Marga Villaverde na categoría absoluta feminina e de Iñaki Amatria na cadete masculina.

Ademais outros dous deportistas do GV Sports conseguiron medalla, sendo prata Juan Pazos en sub-23 masculino e Lalo Ramos en veteranos 1.

No XXVI Dúatlon Concello de Lugo 'Memorial Alejandro López', unha proba marcada polas difíciles condicións meteorolóxicas, Lalo Ramos conseguiu ademais o segundo posto na súa categoría.

A proba celebrouse en distancia sprint con 5 quilómetros a pé, 20 en bicicleta e de novo 2,5 quilómetros a pé.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora