O Interrías fai os deberes e vence o Racing de Santander (1-2)

Sanxenxo
08 de maio 2021

O Viajes Interrías fixo os deberes este sábado ao vencer por 1-2 ao Racing de Santander 'B' no primeiro partido da segunda fase. As de Sanxenxo remontaron o partido os goles de Connie e Tania Esperón e seguen a expensas do que fagan o resto de equipos para ter algunha posibilidade de xogar a seguinte fase

Partido entre Viajes Interrías e Racing de Santander B
Partido entre Viajes Interrías e Racing de Santander B / Almu Dapena

O Viajes Interrías fixo os deberes este sábado ao vencer por 1-2 ao Racing de Santander 'B' no primeiro partido da segunda fase. As de Sanxenxo remontaron o partido os goles de Connie e Tania Esperón e seguen a expensas do que fagan o resto de equipos para ter algunha posibilidade de xogar a seguinte fase.

Pelexaron e fixéronse coa vitoria, moi valiosa para os últimos dous partidos que restan. Adiantáronse as de Cantabria no minuto 22, tras un saque de esquina que Nahara rematou a pracer ao interior da portería de Isa.

Aos cinco minutos, Connie rematou como puido un centro de Lola desde a banda esquerda e igualou a contenda, enviando o balón onde non puido chegar a porteira local.

Xa na segunda metade, o Interrías saíu a por todas. Treviño apertou as porcas ás súas xogadoras e, pasados tan só dous minutos, roubaron o balón en campo propio e realizaron unha moi boa triangulación para chegar a campo rival. Lola foise en velocidade polo á esquerda, enviou o balón a Connie, e esta centrou ao segundo onde apareceu Tania desde atrás para facer o 1-2 sen complicación.

Seguiron pasando os minutos e as de Sanxenxo non pasaron demasiado apuros, salvo un par de ocasións de Laura Viñas nas que obrigou a intervir a Isa.

Este resultado supón un sopro de aire fresco para o Viaxes Interrías, que segue dependendo do que faga o resto de equipos para escalar posicións. A próxima cita será co Gijón FF en San Pedro e, por último, en Asturias contra o Oviedo.