O Interrías leva o derbi ante o Arousana (0-3) e o Umia cae goleado na súa visita o Dépor en Abegondo (9-0)

Umia
18 de outubro 2020

Sete meses despois, o balón volveu rodar de maneira oficial para os equipos de Primeira Nacional Feminina. Atlético Arousana, Interrías e Umia, regresaron este sábado ao verde para disputar a primeira xornada da competición do subgrupo A de o grupo 1º

Partido entre o Atlético Arousana e o Viajes Interrías na Lomba
Partido entre o Atlético Arousana e o Viajes Interrías na Lomba / Almudena Dapena

Sete meses despois, o balón volveu rodar de maneira oficial para os equipos de Primeira Nacional Feminina. Atlético Arousana, Interrías e Umia, regresaron este sábado ao verde para disputar a primeira xornada da competición do subgrupo A do grupo 1º.

O Arousana recibiu ao Interrías na Lomba, un derbi marcado polo gol de Raquel nada máis comezar o encontro. Tania Esperón filtrou un pase ás costas da defensa que a mediocentro non dubidou en enviar á rede local.

A partir de aí o partido non tivo un claro dominador a pesar do que indica o resultado. O Arousana conseguiu anular ao rival que tivo as súas mellores ocasións nos saques de esquina. Non foi ata pouco antes de chegar ao descanso cando as locais tiveron a máis clara do encontro. Miri Señoráns obrigou a intervir á súa ex compañeira, Tania Cores, que repeleu o disparo evitando o 1-1.

Tras o paso polos vestiarios chegou a polémica. Nada máis saír ao verde, as locais reclamaron unha man de Cata dentro da área, pero o colexiado entendeu que non había nada e deixou seguir a xogada. O penalti que si que viu foi o que lle fixeron a Raquel e que Tania Esperón encargouse de transformar para poñer o 0-2 no marcador ( min. 49).

As de amarelo seguían buscando o gol por mediación de Belén, que o tentou no minuto 60. Con todo, de novo atopouse coa porteira visitante, que rexeitou o esférico provocando unha contra que terminou en saque de esquina visitante que Tania enviou por encima da portería.

Non foi ata o minuto 73 cando o Interrías atopou a tranquilidade grazas ao gol de Connie. A estadounidense rematou de tacón no primeiro pau un saque de esquina poñendo o 0-3 que sentenciou o encontro.

ATLÉTICO AROUSANA (0)

VIAXES INTERRÍAS (3): Raquel, Tania (p.) e Connie.

Pola súa banda, o Umia desprazouse a Coruña para enfrontarse ao Deportivo B na Cidade Deportiva de Abegondo.

O encontro tivo un claro dominador, xa que aos quince minutos de partido as de Barrantes atopábanse cun 3-0 en contra que condicionou os minutos restantes. As branquiazuis materializaron todo o que tiveron, aproveitando a velocidade das dianteiras que recibían os balóns ás costas da defensa e encaraban a House, que nada puido facer.

Na primeira metade o Umia tivo un par de ocasións que non conseguiron enviar á rede, indo ao descanso cunha diferenza demasiado grande e imposible de remontar (7-0). 

A pesar diso, tras o intermedio as viquingas reaxustaron a defensa equilibrando un partido que xa estaba sentenciado. O Dépor, pola súa banda, maquillou a remontada con dous goles máis poñendo o 9-0 co que concluíu o partido.

DEPORTIVO ABANCA B (9): Aroa (4), Eva Dios (2), María Calvo (2) e Navia.

UMIA CF (0)

 

VALORACIÓN DOS TÉCNICOS

Tino Buján, adestrador do Interrías: "en general creo que dominamos el encuentro. Ellas en los primeros minutos nos crearon cierto desconcierto a la hora de que pensamos que nos iban a apretar arriba y nos esperaron a tres cuartos de cuarto de campo. Teníamos que intentar que ellas adelantaran la línea y cuando nos dimos cuenta empezamos a dominar totalmente el partido aunque cerca del área nos costó finalizar. En la segunda parte creo que ellas dieron un bajón físico y nosotras con el cambio de sistema con dos extremos bien abiertas tuvimos más ocasiones".

Moncho Roldeiro, adestrador do Arousana: "estamos moi orgullosos do noso equipo, plantámoslle cara ao Interrias, un equipo chamado a pelear polos postos altos. Conseguimos anular o xogo ofensivo do rival na maior parte do tempo, pero lamentamos o erro no inicio, un erro que marcou o resto do partido. Considero que despois fixemos unha media hora moi boa na que puidemos empatar. A pesar do resultado estamos moi orgullosos, agora hai que seguir traballando porque vai ser unha tempada longa na que haberá altibaixos. Estamos contentos e non podemos deixar que o resultado nos impida ver o bo traballo que fixo o equipo".

Edu González, adestrador do Umia: "disputamos un mal partido ante uno de los máximos candidatos a llevarse el titulo de liga. No empezamos bien el encuentro pero supimos reconducirlo en la segunda mitad, donde ellas bajaron la marcha y nosotras nos ajustamos bien defensivamente. Me quedo con que el equipo no se rindió y siguió peleando hasta el pitido final. Ahora toca pensar el proximo partido, ante el Sárdoma en casa. Tenemos que empezar a sumar de tres en tres".