O IX Memorial Ramón Escudeiro Tilve de Xadrez, en liña e co subcampión mundial Alexei Shirov

Pontevedra
03 de xaneiro 2021

Este domingo, o Xadrez Pontevedra celebra este domingo o seu torneo máis querido, o Memorial Ramón Escudeiro Tilve coa súa novena edición

Cartel IX Memorial Ramón Escudeiro Tilve de Xadrez
Cartel IX Memorial Ramón Escudeiro Tilve de Xadrez / Escola Xadrez Pontevedra

Este domingo, o Xadrez Pontevedra celebra o seu torneo máis querido, o Memorial Ramón Escudeiro Tilve coa súa novena edición.

Tal e como aconteceu co Cidade de Pontevedra disputado no verán, o torneo internacional de xadrez é online a partir das 21:30 horas, retransmitido en directo pola canle de Youtube de Ajedrez Latino.

Segundo explicou o director do torneo, Pablo García, o torneo ríxese polo sistema 'area', cunha duración de 90 minutos e cun ritmo de xogo de 3 minutos máis 2 segundos de incremento por xogada.

Durante o tempo que dure o torneo, os xadrecistas teñen a posibilidade de xogar as partidas que desexen, xa que o sistema busca os rivais automáticamente. Entre eles se encontra o subcampión mundial Alexei Shirov.