O Kaiak-Polo Combarro, listo para iniciar unha nova tempada

Poio
26 de febreiro 2020

Fundado en 2011, o club afronta o novo curso con 40 padexeiros e unha renovada directiva. O encoro de Pontillón do Castro acollerá a primeira competición do ano cunha xornada da Liga Galega

Kaiak-Polo Combarro
Kaiak-Polo Combarro / Club Kayak-Polo Combarro

Nova tempada para o Club Kaiak-Polo Combarro, que se prepara para dar o pistoletazo de saída ao curso deportivo.

O encoro de Pontillón  do Castro, en Verducido, será a súa primeira competición do curso cunha xornada da Liga Galega prevista para o vindeiro domingo 1 de marzo.

O club, que conta con preto de 40 padexeiros, ten previsto competir en diferentes campionatos a nivel nacional e autonómico.

Fundado en 2011, o Kaiak-Polo Combarro renovou a súa directiva e márcase como obxectivo seguir crecendo.

Para iso animan a todos os que queiran probar este deporte para participar nos adestramentos do equipo que se realizan habitualmente xunto á nave de deportes náuticos do porto de Combarro.