Despois de 35 anos de existencia con "multitude de altibaixos", segundo desde o club expoñen, o Leis Pontevedra afronta unha nova tempada cargado de ilusión.
A entidade pontevedresa plantexouse aumentar a súa masa social e tentar recuperar a socios históricos que nos últimos anos non retiraron o seu carné de abonado
Para iso presentou unha campaña de socios que conta co lema 'Contigo empeza todo', que "espera ser un chamamento a todos os afeccionados deste deporte que queiran vibrar con partidos de 2º División B Masculina e Segunda División Feminina, así como cos diferentes filiais que conta o club ou os partidos das categorías inferiores".
Os prezos dos carnés son:
| CATEGORÍA | PRECIO |
| Adulto | 30 euros |
| Juvenil | 20 euros |
| Veterano | 20 euros |
| Peña | 14 euros |
| Familiar | 50 euros |
| Protector | 100 euros |
| Empresa protectora | 200 euros |
Os abonos poden formalizarse nas oficinas do club no Pavillón Municipal dos Deportes en horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas ou no correo electrónico [email protected].
O Leis contará esta tempada cun total de 20 equipos repartidos nas diferentes categorías sénior e de base.