O Marín Futsal renova á súa capitá, Jessi 'Café'

Marín
26 de xuño 2024

"Seguirá a ser un dos piares do equipo" asegura o club marinense tras a renovación dunha xogadora que xa estaba no equipo o ano do seu ascenso á máxima categoría

Partido de liga entre Marín Futsal e Alcorcón na Raña
Partido de liga entre Marín Futsal e Alcorcón na Raña /

Renovación no Marín Futsal, e non se trata dunha continuidade calquera, senón a da súa capitá.

Jéssica Motato 'Café' seguirá defendendo as cores do club marinense un ano máis.

"Seguirá sendo un dos piares do equipo", asegura o Marín Futsal sobre unha futbolista que xa estaba nas súas filas cando conseguiu o ascenso a Primeira División na tempada 20-21.

Trátase da cuarta renovación no equipo da Raña, que segue sen desvelar quen sentará no seu banco.

Café únase a unha lista na que xa estaban as gardametas Ana Pinto e Patri Arruti xunto a brasileira Gi Portes.