O Marín Futsal xa sabe o que é gañar en Primeira División (3-2)

Marín
30 de outubro 2021

O conxunto da Raña supera ao Penya Esplugues grazas aos goles de Gaby, Ceci e Pau

Partido de liga en A Raña entre Marín Futsal e Penya Esplugues Cristina Saiz

O Marín Futsal xa coñece o sabor dunha vitoria na máxima categoría do fútbol sala. Á quinta foi a vencida, o tentaran e mereceran antes pero o triunfo resistiuse ata este sábado, no que as de Raúl Jiménez superaron con claridade o Penya Esplugues.

O conxunto local saltou á cancha decidido a poñer cerco sobre a portería dun rival que prefería un ritmo de partido máis lento. Pero cando mellor estaban as visitantes, chegou o primeiro tanto local, obra de Gaby remachando en boca de gol un balón solto tras disparo de Ceci á saída dun córner.

O bo facer de Silvia Aguete no tramo final do primeiro acto evitou o empate das visitantes. E as súas paradas aproveitounas Ceci para duplicar a vantaxe cun potente disparo desde fóra da área. Con todo, a tranquilidade ía durar pouco porque de forma inmediata, Aitana ía reducir distancias ao culminar unha rápida acción ofensiva.

Tras o paso por vestiarios, o Marín seguiu envorcado sobre a portería dunha Penya que non se engurraba. Con todo, foron as da Raña as que golpearon de novo. Pau recibiu o balón de Dani Fleitas e superou por baixo á gardameta rival Raquel, que quedou a media saída.

Tampouco serviu o tanto para sentenciar o partido porque só conco minutos máis tarde, Marta puido revolverse na zona do pivote para fusilar a Silvia Aguete e poñer emoción aos minutos finais do partido que finalmente se decantou ao lado do Marín Futsal.

Marín FS: Silvia Aguete; Ceci, Jessi, Pau García y Adri (quinteto inicial). También jugaron, Gaby, Marta, María León, Café, Mar Fernández y Lucía.

Penya Esplugues: Raquel; Marta Collado, Martita, Pilar y Célia (quinteto inicial). También jugaron, Ruth Aurín, Aína, Aitana, Laia Beltrán y Laia Haro.

Goles: 1-0, min. 7 Gaby. 2-0, min. 18 Ceci. 2-1, min. 19 Aitana. 3-1, min. 24 Pau. 3-2, min. 31 Martita

Árbitros: Amor Vizozo e Darriba Villamor amoestaron a Marta Colado, da Penya Esplugues 

Incidencias: Partido correspondente á quinta xornada da Primeira División de Fútbol sala Feminino disputado no pavillón da Raña