Cita complicada para o Marín Futsal ante un Burela recentemente proclamado campión de Europa

Marín
05 de decembro 2021

O Marín Futsal ten unha complicada cita este luns no Pavillón de Vistalegre ás 12:30 horas, e é que viaxarán nin máis nin menos que para enfrenatarse a un Burela que se acaba de proclamar campión de Europa tras superar por 6-0 ao Pescara italiano

Partido de liga en A Raña entre Marín Futsal e Alcorcón
Partido de liga en A Raña entre Marín Futsal e Alcorcón /

O Marín Futsal ten unha complicada cita este luns no Pavillón de Vistalegre ás 12:30 horas, e é que viaxarán nin máis nin menos que para enfrenatarse a un Burela que se acaba de proclamar campión de Europa tras superar por 6-0 ao Pescara italiano.

As de Raúl Jiménez chegan á cita con boas sensacións despois de gañar por 2-1 ao Alcorcón, polo que buscarán seguir coa boa serie aínda que diante atópense cun duro óso que chega cansado á cita tras unha fin de semana cargada de emocións.

O Marín, situado na oitava posición da táboa con 23 puntos, poñerá a proba ás laranxas, segundas clasificadas con 23.

Con motivo da celebración da Copa de Europa, o Burela non cobrará entrada aos afeccionados que queiran acceder a Vistalegre para ver o partido.