A Escola Irene Trabazo XSM Clube Ciclista de Marín levou unha alegría no Campionato de España de Enduro BTT celebrado durante a fin de semana na localidade coruñesa de Mugardos.
O responsable foi o seu ciclista Zoe del Río, que competiu dentro da Selección Galega de categoría júnior.
Despois de cico tramos cronometrados, Del Río finalizou no terceiro posto da súa categoría cun tempo de 17:56.084, sendo só superado polos cataláns Adrián Cuéllar e Paul Olm, primeiro e segundo respectivamente.
O marinense quedou a pouco máis dun segundo da medalla de prata (17:54.886).
"Partiamos para tentar levarnos o campionato. O traballo previo estaba feito e as opcións eran altas, pero como sempre as carreiras hai que correlas dous contratempos fixéronnos perder un tempo valioso. Aínda así moi contento co resultado", explicou Zoe del Río tras o Nacional en declaracións ao seu club.
O seu próximo reto será agora o campionato galego da especialidade.