O Medio Maratón de Pontevedra apunta record de participación. Polo menos, ao peche oficial da inscrición, foron 101 atletas máis os confirmados con respecto á pasada edición para facer un total de 1.636.
Este crecemento é un dos motivos do cambio de percorrido, xa que segundo recoñece o responsable da Gimnástica Juan Romero "estábamos limitados a crecer a más de 1.500 atletas y la idea es llegar en un futuro a los 2.000".
A proba, que se celebrará o próximo domingo 19 de outubro dende as 11:00 horas con saída na ponte dos Tirantes, foi presentada este mércores na súa décimo novena edición.
Nesa presentación o concelleiro de Deportes, Agustín Fernández, cualificou ao medio maratón como "un dos mellores e maiores eventos deportivos dos que se celebran en Pontevedra".
Entre os servizos cos que conta a carreira, volverá ofrecerse o de corredores-guía, que marcarán ritmos por quilómetros de 4'15'', 4'30'', 4'45'', 5', 5'15'' e máis de 5'15'' durante todo o percorrido, un circuíto que foi testado o pasado luns por algúns dos participantes na xornada de adestramento convocada pola organización.