O mellor judo de categoría absoluta viviuse este sábado en Marín

Marín
02 de abril 2023

Máis dun centenar de judocas procedentes de toda España, Portugal, Porto Rico e Estados Unidos, participaron este sábado nunha proba da Copa de España "A" de categoría absoluta masculina e feminina disputada no pavillón do colexio San Narciso de Marín

Copa de España 'A' absoluta de judo celebrada en Marín
Copa de España 'A' absoluta de judo celebrada en Marín

Máis dun centenar de judocas procedentes de toda España, Portugal, Porto Rico e Estados Unidos, participaron este sábado nunha proba da Copa de España "A" de categoría absoluta masculina e feminina disputada no pavillón do colexio San Narciso de Marín.

A competición arrancou ás 9:00 horas cun sistema de eliminatoria directa en cada un dos 14 pesos que compoñen os cadros tanto masculino como feminino. Os combates polo bronce celebráronse desde as 12:15 horas e as finais sobre as 13:00 horas. A xornada concluíu ás 14:00 horas coa entrega de medallas.

Por parte da selección galega competiron un total de 53 judokas, 33 homes e 20 mulleres, sendo a máis numerosa de todo o evento. Séguelle a madrileña, con 22, e a portuguesa, con 13. De Porto Rico acudiron dous e de Estados Unidos, un.

Esta Copa de España estivo organizada polas federacións galega e española e contou coa colaboración do Concello de Marín e Xunta de Galicia.