O Mundial de Dúatlon habilita a súa páxina web a 100 días para a súa celebración

Pontevedra
19 de febreiro 2014

O portal informa sobre as carácterísticas do campionato e sobre os aspectos destacados da cidade. A organización mantén as previsións dunha alta participación, superior ao millar de deportistas

Durante a xornada deste martes, a falta de 100 días para a súa celebración, o Campionato do Mundo de Dúatlon de Pontevedra 2014 inaugurou o seu portal oficial, www.pontevedraduatlon2014.com.

Nel, deportistas e persoas interesadas poderán coñecer todos os aspectos da proba, horarios das diferentes categorías, prezos de inscrición ou voluntariado, achegándose ademais información relativa á cidade e aos aloxamentos dispoñibles.

A web, xunto á páxina de Facebook (www.facebook.com/pontevedraduathlon) e o Twitter (@ITUDUATHLON2014) serán a partir de agora as canles oficiais de comunicación cos deportistas.

A organización continuá barallando unha cifra importante de participación, co obxectivo de chegar aos 1.200 atletas nas diferentes categorías, e para el habilitou a inscrición a través do portal dixital, cuns prezos aprobados de 100 euros pata os duatletas españois e portugueses e 155 para o resto de corredores.

O Mundial de Dúatlon disputarase nun circuíto deseñado polas rúas da cidade os días 31 de maio e 1 xuño.