O Mundial entra na súa fase final con Támara Echegoyen e Paula Barceló na pelexa polo ouro

Pontevedra
13 de febreiro 2020

A competición mundialista da clase 49er FX superou o seu ecuador coas primeiras regatas das Series Finais, nas que a pontevedresa e a súa compañeira reafirmáronse na segunda praza nun bonito duelo polo ouro coas británicas Charlotte Dobson e Saskia Tidey

Támara Echegoyen e Paula Barceló
Támara Echegoyen e Paula Barceló

Pasan as xornadas no Campionato do Mundo de Vela para a Clase 49er FX de Geelong, Australia, e Támara Echegoyen e Paula Barceló seguen afianzándose como claras candidatas ao título.

A regatista pontevedresa e a súa compañeira iniciaron este xoves as Series Finais, un programa de 8 regatas que finalizará o sábado coa definitiva Medal Race, dentro do Grupo Ouro e con todas as súas opcións intactas de pelexar polo campionato, unha batalla que por agora parece cousa de dous.

Echegoyen e Barceló adaptáronse a unhas condicións cambiantes no campo de regatas, co vento indo a menos, asinando un segundo, un triunfo parcial e un décimo posto (que pasa a ser o seu descarte) nas tres mangas do día, que lles manteñen na segunda praza a só dous puntos das británicas Charlotte Dobson e Saskia Tidey.

O Mundial parece que se enfoca a un man a man entre estes dous equipos, posto que o terceiro debido a que ocupan as danesas Anne-Julie Schütt e Iben Nielsby está xa a 22 puntos de distancia das españolas e a cuarta praza a 34 puntos.

Ademais  Echegoyen e Barceló aseguraron xa ser a mellor tripulación nacional, na súa pelexa por ser elixidas para representar a España nos Xogos Olímpicos, xa que Patricia Suárez e Nicole van der Velden non pasaron o corte quedando encadradas no Grupo Profand e baixando á 24ª posición provisional.