O Mundial Sub-23 de Loita en Romanía, obxectivo de Lydia Pérez

Pontevedra
12 de novembro 2018

A deportista pontevedresa viaxa esta semana á capital romanesa Bucarest para participar nunha das competicións marcadas como gran obxectivo do ano, o Campionato do Mundo Sub-23 de Loitas Olímpicas

Lydia Pérez xunto ao seu adestrador na concentración que realizou en Rusia
Lydia Pérez xunto ao seu adestrador na concentración que realizou en Rusia / Federación Galega de Loitas Olímpicas

Con ilusión e ganas de realizar un bo papel desprázase Lydia Pérez a Bucarest, Romanía.

A deportista do Club de Loita Pontevedra participará esta semana no Campionato do Mundo Sub-23 de Loitas Olímpicas que se celebra entre o 13 e o 18 de novembro.

Trátase dun dos grandes obxectivos da tempada para a pontevedresa, para o que se preparou a conciencia tanto dentro do grupo de rendemento do Centro  Galego de Tecnificación Deportiva como en concentracións co equipo nacional.

Lydia desprázase á cita para competir na categoría de 62 quilos de loita libre feminina.

Xunto a ela, compoñen o equipo nacional a navarra Aintzane Gorria, a balear Graciela Sánchez e a cántabra Estefanía Ramírez, ademais de Alejandro Concepción na modalidade de loita grecorromana.