O Municipal prepárase para "tres días de festa" coas fases de ascenso do Teucro

Pontevedra
09 de maio 2016

O Teucro Asegrup, filial masculino, buscará o seu salto a Primeira Nacional, mentres o equipo feminino, o Teucro Pescamar, xogarase o ascenso á División de Honra Prata. A competición de ambas as fases de ascenso concentrarase no Pavillón Municipal dos Deportes, fóra de dous encontros que se xogarán no Universitario, entre o venres 13 e o domingo 15 de maio

Presentación das fases de ascenso do Teucro
Presentación das fases de ascenso do Teucro / Mónica Patxot

O Teucro prepárase para unha das fins de semana máis importantes do ano, no que exercerá de anfitrión nas fases de ascenso á Primeira Nacional Masculina e á División de de Honra Prata Feminina.

Alí estará o filial azul, o Teucro Asegrupo, e o equipo feminino, o Teucro Pescamar, no que será "tres días de festa" do balonmán, asegurou na presentación dos torneos o adestrador do equipo feminino, Adrián Pumar.

A competición concentrarase entre días, desde o venres 13 ata o domingo 15 de maio, co Pavillón Municipal dos Deportes como punto central. Na súa pista disputaranse todos os encontros salvo dous da fase feminina, uno o venres e outro o domingo, que se trasladarán ao Universitario.

"Esperamos poñer a guinda a un ano moi bo", recoñece esperanzado o adestrador do filial azul, Luís Montes, e é que o Teucro Asegrup pelexará por unha das dúas prazas de ascenso que se reparten no seu sector. Máis difícil terao o Teucro Pescamar porque só un equipo ascenderá e porque competir polo salto de categoría "chega un pelín pronto", asegura Pumar, xa que o obxectivo do club pasa primeiro por facer máis sólida a estrutura feminina da entidade. A pesar diso non descartan dar a sorpresa nun torneo que "é un premio".

A entrada para os socios do Teucro será de balde, mentres o público xeral deberá pagar 7 euros por un día completo de competición ou 15 euros polos tres días.