Chega unha das citas importantes da tempada para o Club Natación Galaico, a Copa de España de Clubs.
Ata Barcelona viaxa o equipo feminino pontevedrés para competir a fin de semana na Segunda División, disposto a recuperar a categoría perdida hai un ano cando non puido contar coa súa mellor nadadora, Bea Gómez Cortés.
Agora, coa internacional a pleno rendemento o Galaico loitará por colocarse nun dos dous primeiros postos, que significarían o ascenso a Primeira División, aínda que contará con duros rivais como o anfitrión, o CN Barcelona, ou o UCAM Murcia de Mireia Belmonte, Melani Costa e Duane De la Rocha.
Ademais de Bea Gómez, viaxan a Barcelona outras 11 nadadoras: Paula Goyanes, Cristina García, Iria García, Nuria García, Ana Pérez, Nerea Rodiño, Águeda Cons, Nuria Erselle, Inés Gómez, Henar Cons e Lara Gómez Cortés.