O Náutico de Cobres, gañador en Vilagarcía da segunda regata da liga Galega de Kaiak de Mar

O Salnés
04 de xuño 2023

O Club Náutico de Cobres foi o mellor dos 21 equipos que participaron este sábado na segunda regata da Liga Galega de Kaiak de Mar disputada na Praia de Compostela en Vilagarcía de Arousa  

Náutico de Cobres, campión da segunda regata da Liga Galega de Kayak de Mar Federación Galega de Piragüismo

O Club Náutico de Cobres foi o mellor dos 21 equipos que participaron este sábado na segunda regata da Liga Galega de Kaiak de Mar disputada na Praia de Compostela en Vilagarcía de Arousa.

O equipo de Vilaboa acumulou un total de 1784 puntos, seguido moi de preto do Kaiak Vigo, con 1760 puntos. A terceira praza do podio completouna o Piragüismo Illa de Arousa, con 797 puntos.

Na categoría senior a vitoria foi para Breogán Monteagudo (Naval de Pontevedra) en K1 Sprinter, en segunda posición cruzou a meta Nicolás Parada (Piragüismo Illa de Arousa) e terceiro chegou Juan Oubiña (Marítimo de Combarro).

Na carreira feminina, Carmela Menduiña (Ría de Aldán) logrou a medalla de ouro, a prata foi para Iria Rivas (Náutico Cobres) e o bronce para Antía Vázquez (Piragüismo Vilagarcía).

Finalmente, en en o K2 senior esprínter masculina foi para a parella do Piragüismo Cambados de Fernando Estévez e Miguel Pérez. Acompañáronlle no podio Genaro Divos xunto a Antón Dourado do Piragüismo Illa de Arousa e a embarcación formada por Abel Fernández e Alex Sanromán dos Náutico Cobres.