O Noia FS leva os tres puntos na súa visita o Leis Pontevedra (1-3)

Pontevedra
15 de decembro 2014

Os pontevedreses cederon con claridade e só puideron anotar un tanto cando o encontro estaba decidido  

Partido entre Leis FS e Noia no Municipal
Partido entre Leis FS e Noia no Municipal / Diego Torrado

Non puido lograr o Leis o seu segundo triunfo consecutivo na Segunda División B de fútbol sala na visita ao Municipal do Noia (1-3).

Os coruñeses levaron a iniciativa desde o inicio e pronto, aos tres minutos, adiantáronse por medio de Álex.

Os de Manu Cossío esperaban a súa opción á contra, pero as ocasións foron para un Noia que non aproveitou a superioridade numérica por expulsión de Pocho no tramo final do primeiro tempo.

Defendéronse ben os locais e iniciaron o segundo tempo na busca da igualada. 

O que chegaría aos 35 minutos sería o 0-2 e co Leis xa centrado no ataque o terceiro que sentenciaba. O Leis só tuvo tempo de recortar distancias cun gol de Sergio.

Este resultado deixa ao Noia na terceira praza e ao Leis undécimo con 5 puntos.