O pavillón da Cidade Infantil de Príncipe Felipe será escenario o vindeiro sábado 11 de xuño dunha competición xa asentada no calendario deportivo local e que regresa tras o parón da pandemia, o Open Cidade do Lérez de taekwondo.
O evento "empezou en 2011, tivemos dous anos de parón pero volvemos con moita forza", asegurou Toño Ríos, presidente do club organizador, o Taekanart de Pontevedra.
Serán en total 367 os deportistas que tomarán parte no evento, pertencentes a 32 clubs de Galicia e Portugal. Todo iso na modalidade de combate.
"Estou seguro de que vai ser un éxito", asegurou tamén na presentación do Open o edil de Deportes, Tino Fernández, xunto a representantes da Federación Galega de Taekwondo e da Deputación.
A actividade dará comezo ás 10.00 horas da mañá coa competición das categorías Infantil, Precadete e Sénior, continuando ás 15.00 horas da tarde coas idades Cadete e Júnior.
A entrada para o público será de balde.