O Open de Croacia, novo reto para o taekwondo pontevedrés

Pontevedra
10 de novembro 2016

Katya Calvar (Mat's), Pablo Fernádez (Mat's) e o junior Javier González (Mace Sport) parciparán este fin de semana na competición, de categoría G1

Deportistas galegos no Open de Serbia de Taekwondo
Deportistas galegos no Open de Serbia de Taekwondo / Federación Galega de Taekwondo

O taekwondo pontevedrés estará ben representado no Open de Croacia que se disputa esta fin de semana.

Tras competir no recente Open de Serbia, Katya Calvar e Pablo Fernández, do Mat's de Marín, repetirán así nun torneo de categoría G1 dentro do equipo que desprazará á cita a Federación Española de Taekwondo. Katya participará na categoría de -67 quilos, mentres Pablo Fernández farao na de -87 quilos. 

Ademais completa a representación galega Javier González (Mace Sport) na categoría junior, participando no peso de -63 quilos. O deportista pontevedrés, que agora adestra no Centro de Alto Renidmiento de Murcia, afronta unha das súas primeiras competicións da tempada.

O Open de Croacia conta cunha inscrición de 1.100 deportistas, estando previsto que os deportistas senior compitan durante o sábado 12 de novembro e os cadetes e junior durante o domingo 13.