O partido de Copa Federación ante o Rápido de Bouzas, en Mosteiro

Pontevedra
12 de decembro 2017

O Pontevedra anunciou o cambio de localización do encontro deste mércores correspondente á Copa Federación que debía celebrarse no Estadio Municipal de Pasarón

Luisito e Roberto Feáns, nun adestramento do Pontevedra
Luisito e Roberto Feáns, nun adestramento do Pontevedra / Mónica Patxot

O partido de volta dos dezaseisavos de final da Copa Federación entre Pontevedra Club de Fútbol e Rápido de Bouzas non se xogará no Estadio Municipal de Pasarón, tal e como estaba previsto inicialmente.

O club granate anunciou que o choque deste mércores 13 de decembro (20:30 horas) disputarase finalmente no campo municipal de Mosteiro, Meis, instalación de céspede artificial utilizada durante esta tempada tanto polo primeiro equipo nalgún adestramento como para partidos do filial e o equipo xuvenil.

Esta decisión tómase, segundo o club, para preservar o céspede de Pasarón despois da grande cantidade de auga caída a pasada fin de semana e da previsión de choiva para os próximos días.

Neste partido, no que Luisito do mesmo xeito que na ida aproveitará para dar minutos aos menos habituais, o Pontevedra defenderá a renda lograda no encontro de ida, no que venceron por 0 goles a 1.