O partido do Pontevedra no Sardinero será televisado a través da web do Racing

Pontevedra
02 de setembro 2016

A afección do Pontevedra poderá seguir en directo a evolución do seu equipo grazas á iniciativa do Real Racing, que do mesmo xeito que a pasada campaña ofrecerá a retransmisión do partido na internet previo pago de 3,95 euros, segundo informa o club santanderino na súa páxina web

Partido da pasada campaña entre Real Racing e Pontevedra no Sardinero
Partido da pasada campaña entre Real Racing e Pontevedra no Sardinero / Pablo Lanza / www.contrameta.com

Os afeccionados do Pontevedra poderán seguir en directo as evolucións do seu equipo nun dos desprazamentos máis esperados da tempada.

O Real Racing Club de Santander anunciou que, do mesmo xeito que a pasada campaña, ofrecerá en directo o encontro do próximo domingo (19:00 horas no Sardinero) a través da súa páxina web (www.realracingclub.es) e a APP Racingmovil.

A retransimisión efectuarase a tres cámaras e mediante o sistema de pago por visión, cun prezo de 3,95 euros.

Segundo explica o club cántabro, a emisión arrincará 15 minutos antes do inicio do encontro e a súa compra poderase formalizar desde as 15:00 horas do sábado.