O Peixe Galego abre brecha co segundo clasificado

Marín
15 de xaneiro 2018

Os de Marín avantaxan xa en catro vitorias ao seu principal perseguidor, o Gijón Basket, ao que venceu no CGTD de Pontevedra para manterse como líder invicto de Grupo A-B da Liga EBA

Partido entre Peixe Galego e Gijón Basket no CGTD
Partido entre Peixe Galego e Gijón Basket no CGTD / Diego Torrado

Paso de xigante o dado polo Peixe Galego para asegurar o primeiro posto do Grupo A-B da Liga EBA a final de tempada tras vencer no 'desterro' ao seu principal perseguidor, o Gijón Basket.

Despois da súa vitoria no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra (84-70), os de Marín avantaxan en catro triunfos ao segundo clasificado.

Aínda que só era o primeiro  encuetro da segunda volta, este resultado deixa case sentenciado o liderado de grupo pensando en chegar na mellor posición ao  play-off de ascenso.

A vitoria fundamentouse nun gran traballo defensivo dos de Javi Llorente desde o primeiro cuarto (22-17) e que mantiveron durante todo o encontro mentres da man de Jorge Romero (22 puntos) e Simmons (19 puntos e 11 rebotes) ían ampliando aos poucos a distancia no electrónico aínda que non conseguiron sentenciar ata o cuarto final.

Consulta aquí as estatísticas do Marín Peixe Galego-Gijón Basket.