O Peixe Galego compite pero termina cedendo ante o acerto do COB (78-86)

Marín
19 de febreiro 2017

Os de Marín perderon as súas opcións nos últimos minutos do encontro despois de situarse a un só punto no marcador ao inicio do cuarto definitivo. O Peixe segue fóra da zona do descenso pero empatado a vitorias co Magia Huesca

Partido entre Peixe Galego e Ourense Provincia Termal
Partido entre Peixe Galego e Ourense Provincia Termal / Diego Torrado

Segunda derrota consecutiva do Peixe Galego, que non puido confirmar ante o Ourense Provincia Termal o seu bo momento nos encontros na casa e perdión por un tenteo de 78-86.

Os de Marín seguen fóra dos postos de descenso, pero ven como se aperta a loita pola permanencia na LEB Ouro ao estar empatados agora a vitorias co Magia Huesca, primeiro equipo que descendería.

O Peixe competiu a bo nivel ante o Ourense, pero terminou cedendo no último e definitivo cuarto. Antes os de Javi Llorente arrincaron con forza o partido, cun parcial de 8-1 que aos poucos os visitantes encargáronse de contrarrestar.

Ao final do primeiro cuarto o marcador estaba xa case igualado (20-18), e esa tendencia mantívose ata o tempo de descanso (41-41).

Na continuación o Peixe tentaba manter un ritmo alto, pero o Ourense golpeou desde a liña de tres para abrir un oco importante aproveitando unha fase de erros en ataque dos marinenses (57-66).

Os locais non se renderon e chegaron a poñerse a só un punto ao comezo do último cuarto (67-68), pero ata aí chegou a súa gasolina e o Ourense sentenciou no tramo final tirando de efectividade para deixar sen opción ao Peixe.

Consulta aquí as estatísticas do Peixe Galego-Ourense Provincia Termal.