O Peixe Galego continúa imparable na Liga EBA

Marín
02 de novembro 2017

O club marinense debutou esta campaña na pista do pavillón da Raña cunha clara vitoria, a quinta en cinco xornadas, ante o Baloncesto Narón (84-54). Antes do encontro o Peixe Galego realizou a presentación de todos os seus equipos

Partido do Peixe Galego ante o Baloncesto Narón
Partido do Peixe Galego ante o Baloncesto Narón / Diego Torrado

Cinco de cinco. O Peixe Galego segue intratable a súa marcha na Liga EBA de baloncesto, co obxectivo de volver canto antes á categoría de LEB Prata.

No seu primeiro partido da tempada ante a súa afección na Raña, tras a obras de mellora nas instalacións, o club marinense deuse unha homenaxe dobregando con claridade ao Baloncesto Narón (84-54).

Foi un partido con pouca historia, dominado desde o primeiro parcial polos de Javi Llorente para marcar unha importante vantaxe (24-12) que non fixo máis que crecer co paso dos minutos.

O Peixe Galego aproveitou ademais a ocasión para realizar a presentación oficial de todos os seus equipos.

Consulta as estatísticas do Marín peixe Galego-Baloncesto Narón.