Os danos causados polo temporal na cuberta do pavillón da Raña obrigaron a trasladar de lugar o encontro da liga LEB Ouro de baloncesto deste ábado entre Peixe Galego e Araberri.
O forte vento das últimas horas arrincou unha parte da cuberta do pavillón marinense, provocando unha gran entrada de auga ao recinto. Operarios municipais do Concello de Marín traballaron durante varias horas en solucionar a incidencia, algo que á primeira hora da tarde deste venres "quedó resuelto de una forma provisional", confirmou a PontevedraViva o concelleiro de Deportes, Antonio Traba. Con todo un novo desprendemento a última hora da tarde obrigou a tomar a decisión de cambiar de pavillón.
A situación produciu un gran nerviosismo no club marinense, que solicitou inicialmente a suspensión do encontro. Con todo o Araberri negouse a aprazar o duelo, resposta que non sentou demasiado ben no club peixe.
O partido xogarase finalmente no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra este sábado a partir das 22:00 horas, con entrada libre para o público.