O perigo de enfrontarse a un rival xa descendido

Pontevedra
12 de abril 2017

A pesar de encadear 9 xornadas sen gañar, que lle condenaron ao descenso matemático a Terceira División, o Somozas non perdeu desde xaneiro ante a Cultural por máis dun gol de diferenza no seu campo. Agora, sen presión polo resultado, o Pontevedra non se fía e espera atopar resistencia no choque do próximo domingo (16:30 horas)

Partido entre Pontevedra e Somozas en Pasarón
Partido entre Pontevedra e Somozas en Pasarón

Non pode permitirse fallar o Pontevedra, se non quere ver como a súa vantaxe no cuarto posto redúcese peligrosamente, no desprazamento da próxima fin de semana ás Somozas (domingo, 16:30 horas).

Os granates visitan o campo do único equipo que matematicamente perdeu xa a categoría, pechacancelas da competición, precisamente un factor que levanta receo no club pontevedrés.

Aínda que o Somozas acumula nove xornadas sen gañar, con cinco derrotas consecutivas que lle condenaron ao descenso, o Pontevedra non se fía e cre que ante a falta de presión opoñerán resistencia. De feito, os números tamén falan dun equipo que, como local, desde principios de decembro só perdeu por máis dun gol nunha ocasión, ante a Cultural Leonesa.

Para preparar o choque na localidade coruñesa, Luisito variou o plan de adestramentos pensando na Semana Santa, ao suprimir o descanso habitual dos martes e planificar sesións de traballo todos os días da semana a excepción do Venres Santo.

O técnico traballa coa única dúbida do estado físico de Portela, xa que o resto do persoal salvo contratempo estará dispoñible para o choque ao non contar con ningún futbolista sancionado nin lesionado de gravidade, á marxe de pequenas molestias nalgún caso derivadas da esixencia da competición.

Pola súa banda o Somozas afrontará a cita ante os granates cunha ausencia por sanción, a do centrocampista Roberto Baleato.

XORNADA DIVIDIDA EN TRES DÍAS

A xornada no Grupo I da Segunda División B será atípica, ao aproveitar algúns equipos para adiantar os seus compromisos ao Xoves Santo. É o caso do principal perseguidor do Pontevedra, o Valladolid B, que visitará ao filial de Osasuna. Outros partidos adiantados ao xoves son o Caudal-Mutilvera, Guijuelo-Izarra e o Tudelano-Lealtad.

Pola súa banda un encontro disputarase o sábado 25 de maio, o Coruxo-Celta B, mentres o resto da xornada queda para o domingo: Somozas-Pontevedra, Ponferradina-Burgos, Cultural Leonesa-Racing de Ferrol, Boiro-Palencia e Arandina-Real Racing.