O piragüismo pontevedrés lócese 'entre pontes'

Pontevedra
17 de xullo 2021

O río Lérez foi escenario este sábado 17 de xullo do IV Trofeo Entre Pontes de piragüismo organizado pola EP Ciudad de Pontevedra, club que comandou a clasificación por equipos seguido do Club Naval de Pontevedra

IV Trofeo Entre Pontes de piragüismo
IV Trofeo Entre Pontes de piragüismo / Cristina Saiz

O río Lérez viviu este sábado 17 de xullo unha gran xornada deportiva grazas á IV edición do Trofeo Entre Pontes organizado pola Escuela de Piragüismo Ciudad de Pontevedra.

Máis de 500 deportistas de 36 clubs galegos dábanse cita nun evento que encheu de cor o tramo urbano do río, desde As Cobarceiras onde estaba situada a saída e chegada ata a ponte do Burgo, onde as embarcacións daban a volta.

Desde as 10.00 horas as diferentes categorías de canoa e kaiak competiron en augas pontevedresas en toda unha exhibición dos piragüistas locais.

Tanto foi así que na clasificación por equipos dominou con contundencia o club organizador, a EP Ciudad de Pontevedra, sumando 2.307 puntos, seguido do Club Naval de Pontevedra con 1.714. Completou o podio na terceira posición o Club As Torres Romaría Vikinga 1.464 puntos.