O Poio FS avanza na súa preparación coa baixa por lesión de Zulú

Poio
29 de agosto 2014

As vermellas afrontan este sábado un novo amigable en Viana do Castelo coas baixas de Silvia, concentrada coa Selección Española, e Ana Carolina 'Zulú', que estrá 15 días de baixa por unha luxación no xeonllo

Primeiro adestramento do Poio FS 2014/2015
Primeiro adestramento do Poio FS 2014/2015 / PontevedraViva

O plantel do Poio FS encara a recta final da pretempada coa vista posta no debut ligueiro do próximo 13 de setembro ante o Viaxes Amarelle.

As vermellas, despois dunha intensa semana na que alternaron sesións de mañá e tarde e con gran carga física da man do preparador físico Daniel Torres, afrontan este sábado un novo amigable, en Viana do Castelo ante o conxunto luso do Santa Luzia.

Gonzalo Iglesias 'Morenín' non poderá contar nesta cita coa súa gardameta Silvia, concentrada coa Selección Española, nin cunha das grandes fichaxes, Ana Carolina 'Zulú', xa que a portuguesa estará 15 días de baixa por unha luxación no xeonllo e chegará moi xusta ao inicio de liga.

Tras este amigable o próximo mércores 3 o Poio recibirá na Seca ao Cidade das Burgas, mentres o sábado 6 será a quenda da Copa Galicia, de novo na casa, ante o Ourense.