O Poio FS, na busca do seu primeiro triunfo de 2015

Poio
23 de xaneiro 2015

As vermellas visitan Móstoles coa intención de romper a xeira negativa de tres encontros sen gañar e que, co parón polo Mundial e o Nadal, fai que non coñeza a vitoria dende o mes de novembro

Adestramento do Poio FS PontevedraViva

Rematar coa xeira negativa de tres encontros sen coñecer o triunfo é o obxectivo principal do Poio Fútbol Sala na súa visita ao FSF Móstoles madrileño (sábado 18:30 horas).

Debido aos últimos resultados e aos paróns pola disputa do Mundial e a causa do Nadal, as vermellas non gañan dende o mes de novembro (1-4 ante o Orvina).

Gonzalo Iglesias poderá contar con todo o plantel á súa disposición, a excepción da lesionada dende o inicio de tempada Zulú, despois dunha semana no que as sensacións, segundo o técnico, foron boas.

Só Charo traballou a menor ritmo que as súas compañeiras, pero chegará en condicións ao partido dentro dunha convocatoria na que tamén figuran Silvia, Irene, Charo, Elena, Jenny, Paloma, Nere Moldes, Tania, Yoly, Souza e Claudia.