O Poio FS xa coñece aos seus rivais na Primeira e a data para iniciar a liga: o 13 de setembro

Poio
16 de xullo 2014

ÿ a data elixida polo Comité de Competición da Real Federación Española de Fútbol (RFEF) para que comece a liga na Primeira Nacional de fútbol sala feminino. Será pois o día no que o Poio Pescamar inicie a que será a súa segunda tempada consecutiva na máxima categoría deste deporte

Claudia nun momento do partido entre Poio FS e Universidad de Alicante
Claudia nun momento do partido entre Poio FS e Universidad de Alicante / Diego Torrado

O sábado 13 de setembro. ÿ a data elixida polo Comité de Competición da Real Federación Española de Fútbol (RFEF) para que comece a liga na Primeira Nacional de fútbol sala feminino. Será pois o día no que o Poio Pescamar inicie a que será a súa segunda tempada consecutiva na máxima categoría deste deporte.

A competición oficial, que arrancará coa disputa da Supercopa o 6 de setembro, estenderase ata o 30 de maio de 2015, día no que está previsto que finalice a liga. Unha semana despois, o 6 de xuño, celebrarase a Copa.

Ademais das datas, o conxunto 'rojillo' coñece xa os rivais aos que se enfrontará este ano nunha Primeira Nacional que volve disputarse a grupo único. As únicas novidades con respecto á tempada anterior son os tres equipos ascendidos: un madrileño (Majadahonda) e dous vascos (Bilbo e Ordizia).

O resto dos 16 equipos que compoñerán a Primeira Nacional feminina son cinco galegos (Poio Pescamar, Burela, Ponte Ourense, Cidade As Burgas e Viaxes Amarelle), tres madrileños (Futsi Navalcarnero, Alcorcón e Móstoles), un valenciano (Universidad de Alicante), un rioxano (FSF Rioja), un catalán (FS Gironella) e un navarro (Orvina).