O Poio Pescamar, a confirmar en Leganés o seu bo inicio de liga

Poio
23 de setembro 2016

O cadro vermello viaxa a Madrid con todo o plantel dispoñible e a intención de sumar o seu segundo triunfo da tempada. O partido, este sábado (18:00 horas), no Pabellón La Fortuna de Leganés

Partido entre Poio Pescamar e Ourense Envialia
Partido entre Poio Pescamar e Ourense Envialia / Cristina Saiz

Segundo desprazamento da tempada o Poio Pescamar, que quere referendar na cancha do recentemente ascendido Leganés o seu bo inicio ligueiro, con triunfo na primeira xornada en Pamplona e empate na casa unha semana despois.

A pesar da confianza coa que viaxan, o equipo vermello non se fía do cadro madrileño, que aínda non gañou pero que demostrou nas dúas primeiras xornadas ser un conxunto difícil de bater, con senllos empates ante Rubí e Rioja FSF.

Marcio Santos poderá contar co plantel ao completo para o encontro, polo que a convocatoria compóñena: Silvia, Sara, Charo, Jenny, Jessi, Suki, Patri Corral, Carol, Jessy Lores, Ceci e Ale de Paz.

Tampouco conta con baixas o Leganés para un partido que se disputará este sábado (18:00 horas), no Pabellón La Fortuna da localidade madrileña.