O Poio Pescamar, á procura da final da Copa Galicia ante O Fisgón

Marín
30 de agosto 2019

A previa do derradeiro partido da competición galega será o primeiro derbi da pretempada para as de Raúl Jiménez e disputarase no pavillón do Sequelo

Derrota do Poio Pescamar ante o Ourense CF
Derrota do Poio Pescamar ante o Ourense CF / Diego Torrado

O Poio Pescamar xógase, este sábado, o pase á final da Copa Galicia no que non só será o primeiro choque da pretemporada, senón tamén o primeiro derbi do ano.

A cita será ante O Fisgón de Marín, que, ademais, xogará como anfitrión, xa que será a pista do pavillón do Sequelo o punto de encontro entre os dous equipos pontevedreses.

A presente rolda da competición estaba pensada para un cruzamento a tres, composto por dous partidos que decidirían a clasificación á final. O Leis Pontevedra debería ser a terceira escuadra que completase o grupo. Pero por mor de falta de persoal, o club decidiu renunciar á súa praza no torneo, facendo que o pase ao último partido se xogue nun só: o que terá lugar este sábado.

As xogadoras convocadas para a cita, por parte do Poio Pescamar, son Silvia e Caridade na portería, Carol, Anna Escribano, Ana Rivera, Andrea Feijoo, Mirian, Clara, Antía, Daniella, Irene García e a canteirá Andrea Alvite.

O choque está previsto para as 18:00 horas nas instalacións marinenses.