O Poio Pescamar, a superar o seu teito histórico na Copa da Raíña

Poio
13 de xuño 2019

O conxunto vermello afronta esta fin de semana en Burela a Copa da Raíña, competición coa que pechan a súa tempada e á que acoden coa ilusión de protagonizar un bo papel. O seu primeiro rival será o Ourense Envialia

Partido de liga entre Poio Pescamar e Ourense Envialia
Partido de liga entre Poio Pescamar e Ourense Envialia / Diego Torrado

A despedida da tempada chega cun prato forte para o Poio Pescamar, coa súa participación por terceiro ano consecutivo na Copa da Raíña (antes Copa de España) na que se citan o mellores oito equipos da liga de Primeira División.

Burela acolle a fase final dunha competición que se presenta máis aberta que nunca e na que as vermella aspiran a superar o seu teito histórico de cuartos de final.

Co seu sexto posto na liga, as xogadoras adestradas por Dani Díaz conseguiron esquivar aos rivais que todos querían evitar, o anfitrión Burela e o Atlético de Madrid Navalcarnero. O seu duelo de cuartos de final enfrontaralles a un vello coñecido, o Ourense Envialia, este venres ás 16:00 horas.

Un duelo en grao sumo disputado sobre o papel no que o Poio Pescamar terá a dúbida da participación de Iria.

No caso de avanzar rolda, as vermellas enfrontaríanse o sábado (20:30 horas) ao vencedor do duelo entre o Burela e o Universidad de Alicante.

Alcorcón-Jimbee Roldán e Atlético Navalcarnero- Penya Esplugues completan os cuartos de final de Copa.