O Poio Pescamar aparca a Copa para tentar rexurdir na liga

Poio
14 de febreiro 2020

Os festexos polo histórico pase á final a 4 da Copa da Raíña quedan a atrás para o conxunto vermello, centrado agora en gañar en liga cinco xornadas despois no duelo que este sábado (18:30 horas) enfrontaralle na Seca o Universidad de Alicante

Adestramento do Poio Pescamar
Adestramento do Poio Pescamar /

Os festexos pola histórica clasificación para a final a 4 da Copa da Raíña quedan atrás para o Poio Pescamar, que quere deixar aparcado de momento ese soño para centrarse en recuperar sensacións na liga tras catro derrotas consecutivas.

As vermellas queren recobrar impulso para consolidarse na quinta posición da táboa, e para iso deben vencer este sábado (18:30 horas) a outro dos semifinalistas copeiros, o Universidad de Alicante, no pavillón municipal da Seca.

O equipo adestrado por Raúl Jiménez fíase ao poder do seu feudo para superar a un equipo alacantino que marcha sexto a só dous puntos de distancia.

A vitoria faise ademais indispensable para seguir aspirando, aínda que sexa minimamente, a un play-off que agora está a 9 puntos de distancia pero con aínda moita liga por diante.

O Poio Pescamar non poderá contar para a cita coas lesionadas de longa duración Antía Pérez e Clara, pero si co resto do plantel tras a recuperación a pasada semana de Andrea Feijoo.