O Poio Pescamar cede ante o Burela no primeiro asalto ao título de liga (1-3)

Poio
03 de xuño 2023

O primeiro partido de semifinais do play-off polo título de liga entre Poio Pescamar e Burela caeu ao lado das lucenses, que se fixeron co triunfo por 1-3  

Partido de play-off polo título de liga entre Poio Pescamar e Burela na Seca
Partido de play-off polo título de liga entre Poio Pescamar e Burela na Seca

O primeiro partido de semifinais do play-off polo título de liga entre Poio Pescamar e Burela caeu ao lado das lucenses, que se fixeron co triunfo por 1-3.

Nun pavillón da Seca abarrotado e tinguido de vermello, foi o cadro visitante o que optou por buscar dominar durante os primeiros minutos mentres o Poio tentaba sorprender ao contragolpe. As ocasións sucedíanse para ambas as escuadras: Peque e Antía para as laranxas e Laura Uña e Elena Aragón para as vermellas.

Con todo, a que tiña a oportunidade máis clara para adiantarse foi Antía, que disparaba desviado cando se alcanzaba o ecuador do primeiro tempo.

E a tres do intermedio chegou o primeiro tanto do encontro. Jenny, tras unha boa combinación con Emily, adiantou ao Burela, e case sobre a bucina, Laura Uña controlaba un pase longo de Irene García para superar no man a man a Caridad e facer o 1-1.

Ao comezo do segundo tempo mantívose a igualdade, desnivelada unicamente cunha dobre ocasión de Peque na que tivo que intervir Sandra Buzón e que daba paso aos mellores instantes do seu equipo, que disfutaba de ocasións pero era incapaz de ver o gol. O que estivo a piques de conseguilo foi o Poio Pescamar por medio de Laura Uña, que envío o seu disparo ao poste tras un envío en longo do seu gardameta.

A que non perdoou foi Dany, que aproveitou un erro de Sandra Buzón á hora de recibir un pase de Elena Aragón, interceptou o despexe e anotou o 1-2.

Co resultado en contra tivo que optar polo xogo de cinco López-Tulla en busca do empate, pero nun bo ataque posicional das lucenses, Irene Samper a pase de Peque sentenciou o duelo para dar o triunfo ao seu equipo e levar o primeiro asalto.

POIO PESCAMAR (1): Sandra Buzón; Martita, Laura Uña, Luci e Dani Sousa (quinteto inicial). Tamén xogaron, Elena Aragón, Anna Escribano, Irene García, Rocío e Chiesa.

PESCADOS RUBÉN BURELA (3): Caridad; Irene Samper, Peque, Emilly Marcondes e Dany (quinteto inicial). Tamén xogaron, Antía, Patricia, Jenny e Saky.

Incidencias: A Seca. Colexiados, Otero Mira e Vilas López. Amoestaron a Anna Escribano, Rocío no Poio Pescamar e Antía, Jozi e ao técnico Julio Delgado no Peixes Rubén Burela.

Goles: 0-1, min. 17 Jenny. 1-1, min. 20 Laura Uña. 1-2, min. 31 Dany. 1-3, min. 39 Irene Samper.