O Poio Pescamar desfaise do seu infortunio ante o Leganés (4-2)

Poio
01 de decembro 2018

O cadro pontevedrés inicia a súa particular maratón de decembro por todo o alto ao vencer en casa ao equipo madrileño

Partido do Poio Pescamar ante o Leganés
Partido do Poio Pescamar ante o Leganés / Diego Torrado

O Poio Pescamar chegaba ao encontro ante o Leganés cun obxectivo fixado, saír da mala serie de tres derrotas consecutivas e, así, comezar o seu peculiar 'maratón' de decembro con bo pé gañando ás madrileñas.

As visitantes comezaron sorprendendo ao conxunto 'rojillo' cun gol a só dous minutos do asubío inicial, obra de Marian, que logrou pillar desprevida a Silvia. A partir dese momento, e aos poucos, as locais foron facéndose co control do balón. A pesar diso, serían as madrileñas as que conseguirían volver acertar na portería das do Poio (0-2), esta vez por mediación de Carmen Noreña. Pero sería a última vez que o farían.

Coa vitoria visitante, as de Dani Díaz reaccionaron subindo aínda máis a súa liña de presión. Así, lograban recortar distancias dous minutos despois grazas a Iria (1-2). O gol incrementou os ánimos das galegas, que igualaron o marcador no 8' da primeira metade cun tanto de Dani Sousa. Coas rojillas dominando o xogo, aos catro do termo da primeira metade, Jenni Lores logrou o 3-2 que lles outorgaba a vitoria provisional. Dous minutos despois, esta última volveu logralo establecendo o definitivo 4-2. 

Na segunda metade, as do Leganés buscaron incansablemente o gol que as metese de novo no partido, pero a presión das de Díaz frustrou os intentos visitantes. Así, os puntos quedaron en casa despois de tres xornadas sen sumar.

POIO PESCAMAR (4): Silvia; Jessi, Jenny, Dani Sousa, Ceci (quinteto inicial), Ale de Paz, Irene García, Cárol e Iria.

LEGANÉS (2): Elisa; Desi, Elena Aragón, Stone, Marina (quinteto inicial), Sandra, Patri Montilla, Saki, Puche, Laura Uña e Mali.

Goles: 0-1 Marina (2'), 0-2 Carmen Noreña (5'), 1-2 Iria (7'), 2-2 Dani Sousa (8'), 3-2 Jenni Lores (16') e 4-2 Jenni Lores (18').

Árbitros: Rubén Ferrero Carballal e José González Vázquez, que amonesatron con cartulina amarela a Desi e Stone, do Leganés.

Incidencias: Pavillón Municipal de Poio, ante máis de 300 espetadores.