O Poio Pescamar dorme líder despois de golear o Leganés (6-1)

Poio
20 de febreiro 2021

O Poio Pescamar segue sumando vitorias para durmir líder da clasificación de Primeira División despois de golear por 6 a 1 ao Leganés no encontro aprazado da xornada 10

Partido entre o Poio Pescamar e Leganés na Seca
Partido entre o Poio Pescamar e Leganés na Seca / Cristina Saiz

O Poio Pescamar segue sumando vitorias para durmir líder da clasificación de Primeira División despois de golear por 6 a 1 ao Leganés no encontro aprazado da xornada 10.

Non sufriron demasiado as vermellas a pesar de que o primeiro aviso do partido foi de María Barcelona cun man a man con Caridad. Enseguida tomaron as rendas cun gol de Ana Rivera tras unha xogada persoal por banda dereita, abrindo o marcador cando se alcanzaba o minuto dous. Aos seis minutos, Dani Sousa anotou o 2-0 a pase de Luci.

Aínda que o equipo madrileño tentouno por mediación de Carmen Noreña e Guti, os seus disparos non viron porta e non foron un perigo para a gardameta local. A renda conserveira aumentouna Dani Sousa, aproveitando as cinco faltas do rival e enviar á rede o seu disparo desde os dez metros.

Tras o descanso, as primeiras en atacar foron as visitantes, pero Caridad despexou o disparo de Pipi sen aparente problema. Pouco despois, Iraia resolveu un man a man ante Miriam para poñer o 4-0 no marcador e deixar sentenciado o partido.

Cambiou a xogo de cinco o Leganés, con Puche como porteira xogadora na súa necesidade por atopar o gol. Con todo, foi Luci a que o atopou e por partida dobre. O quinto gol do Poio coouse raso e, o sexto, foi desde campo propio despois de roubar o esférico e aproveitar a portería baleira. O gol da honra marcouno Stone no minuto 38.

POIO PESCAMAR (6): Caridad; Luci, Ana Rivera, Dani Sousa e Irene García (quinteto inicial). Tamén xogaron: Iria Figueroa, Miriam, Julia Dupuy, Iraia, Antía, Agostina Chiesa, e Clara.

LEGANÉS (1): Miriam; Carmen Noreña, Patri Montilla, María Barcelona e Puche (quinteto inicial). Tamén xogaron: Paula Molano, Patri Blázquez, Ampi, Guti, Stone e Pipi.

Goles: 1-0, min. 2 Ana Rivera. 2-0, min. 6 Dani Sousa. 3-0, min. 17 Dani Sousa. 4-0, min. 25 Iraia. 5-0, min. 29 Luci. 6-0, min. 30 Luci. 6-1, min. 38 Stone.

Incidencias: Pavillón A Seca. Os colexiados Carreira Romero e Darriba Villamor amoestaron con cartolina amarela a Clara no Poio Pescamar e a Patry Montilla e Carmen Noreña no Leganés