O Poio Pescamar empata con Cidade de As Burgas (3-3) na presentación ante o seu público

Poio
03 de setembro 2016

Último partido amigable de pretemporada para o Poio Pescamar, a só unha semana do comezo ligueiro. As rojillas recibían a visita do Cidade de As Burgas, nun encontro que resultou entretido, aínda que cos lóxicos erros e defectos por puír, finalizando con empate a tres goles

Un momento do partido amigable entre Poio Pescamar e Cidade de As Burgas
Un momento do partido amigable entre Poio Pescamar e Cidade de As Burgas / Diego Torrado

Último partido amigable de pretemporada para o Poio Pescamar, a só unha semana do comezo ligueiro. As rojillas recibían a visita do Cidade de As Burgas, nun encontro que resultou entretido, aínda que cos lóxicos erros e defectos por puír, finalizando con empate a tres goles.

O Poio Pescamar aproveitaba a ocasión para presentar ante o seu público ás súas novidades. A volta ao banco do técnico do ascenso, Marcio Santos, así como dúas das protagonistas destacadas do equipo da Seca, como as internacionais Ceci e Silvia, acapararon miradas. Xunto a elas estaba unha cara nova, como Patri, ademais de Carol e Sara, que soben o primeiro equipo desde o filial.

As locais levaron sempre a iniciativa no marcador, aínda que acusaron o intenso traballo físico de pretemporada, así como algúns axustes e automatismos defensivos, que lle custaron no último instante non poder levar o triunfo.

Ceci adiantaba ao Poio Pescamar aos cinco minutos de xogo, pero Sonia no minuto 13 subía o primeiro empate ao marcador. Repetiría Ceci ao transformar un dobre penalti un minuto máis tarde e de novo a resposta ourensá chegaba antes do descanso, marcando Iria.

Na segunda parte o ritmo baixou como consecuencia do esforzo. Rozando o ecuador deste período Ale poñía novamente en ventala ao Poio Pescamar, pero no último minuto Sonia facía subir o definitivo 3-3 ao marcador.