O Poio Pescamar estrélase en ataque e cede no derbi ante o Ourense Envialia (1-3)

Poio
11 de decembro 2021

O Poio Pescamar cedeu este sábado no derbi contra o Ourense Envialia a pesar de adiantarse cun gol de Dani Sousa no primeiro acto. Con todo, despois do descanso as vermellas borráronse da cancha e terminaron cedendo un duro 1-3

Partido entre Poio Pescamar e Ourense Envialia na Seca
Partido entre Poio Pescamar e Ourense Envialia na Seca /

O Poio Pescamar cedeu este sábado no derbi contra o Ourense Envialia a pesar de adiantarse cun gol de Dani Sousa no primeiro acto. Con todo, despois do descanso as vermellas borráronse da cancha e terminaron cedendo un duro 1-3.

Os primeiros instantes de xogo foron do todo igualados, aínda que aínda que era o Poio o que dominaba en ataque, o Envialia, ben asentado en cancha propia e con Vane moi áxil baixo paus, era capaz de manter a portería a cero.

Pero cando se alcanzaron os quince minutos de xogo, Jane realizou unha boa xogada persoal pola banda esquerda e cedeu a Dani Sousa, que en boca de gol adiantou ás conserveiras. Evitou a igualada Caridad despois dun tempo morto das visitantes que tiveron en María Arias o disparo do tanto.

Despois do paso polos vestiarios, a ex vermella Jenny Lores puxo a proba a Caridad, a mellor do Poio nesta segunda metade. Pero a gardameta local non puido facer nada esta vez aos 25 minutos, cando María Arias rematou un centro de Judith tras unha rápida transición.

Igualado o encontro, Dupuy e Agostina buscaron devolver a vantaxe, pero Elisa Robles impediu a xesta. A que si conseguiu dar a volta ao luminoso foi Judith, que a seis minutos da conclusión e en xogada de estratexia tras un saque de esquina botado por Chiky, superaba a Caridad que chegaba a desviar pero non o suficiente, coándose o interior no interior da portería.

Co 1-2 e todo perdido, optou o Manu Cossío polo xogo de cinco con Ana Rivera como porteira xogadora. Volvado o Poio en tarefas ofensivas deixou libre a defensa e Chiky, desde campo propio e a porta baleira, anotaba o 1-3 co que concluíu o duelo.

POIO PESCAMAR (1): Caridad; Luci Gómez, Ana Rivera, Irene García e Julia Dupuy (cinco inicial). Tamén xogaron, Dani Sousa, Jane, Luisa Mayara, Ana Escribano e Agostina Chiesa.

OURENSE ENVIALIA (3): Vane; María Arias, Chiky, Jenny Lores e Laura Uña (quinteto inicial). Tamén xogaron, Judith, Nerea Lorenzo, Iria Saeta, María e Elisa Robles (segunda porteira).

Goles: 1-0, min. 15 Dani Sousa. 1-1, min. 25 María Arias. 1-2, min. 34 Judith. 1-3, min. 40 Chiky.

Incidencias: A Seca. Colexiados, Crespo Pardo e Menéndez Nistal. Amoestaron a Iria Saeta no Ourense Envialia.