O Poio Pescamar mide as súas aspiracións contra o Burela e o Marín Futsal busca o seu primeiro triunfo en Melilla

Marín
24 de setembro 2021

As vermellas reciben na Seca ao conxunto lucense ás 18.30 horas, mentres que o partido do Marín comezará ás 19 horas. Todos os partidos desta tempada poderán seguirse en directo a través da web da RFEF

Cuartos de final da Copa Galicia entre Marín Futsal e Poio Pescamar na Raña
Cuartos de final da Copa Galicia entre Marín Futsal e Poio Pescamar na Raña /

O Poio Pescamar afronta este sábado, ás 18.30 horas no pavillón da Seca, un duelo de altura. As vermellas reciben ao Burela nun encontro que marcará as aspiracións do conxunto local, que un ano máis aspira a estar no máis alto da táboa e a loitar por arrebatarlle o título que nos últimos anos acaparan as lucenses e o Atlético.

Despois do contundente triunfo da primeira xornada contra o Alcorcón, a moral das conserveiras está polas nubes e cos reforzos desta tempada, incluída a exxogadora do Burela Jane, soñan con estar á altura das vixentes campioas.

Con bo sabor de boca, pero coa marcadora de puntos sen inaugurar, partiu o Marín Futsal cara a Melilla, onde buscarán transformar a boa imaxe ofrecida a pasada fin de semana no seu debut en casa contra o Atlético Navalcarnero nun triunfo. A partir das 19 horas mediranse as marinenses ao Melilla Sport Capital Torreblanca, nun partido que poderá seguirse en directo a través da canle de Youtube da RFEF.

De feito, o propio presidente da RFEF, Luís Rubiales, anunciou que esta tempada todos os partidos da competición poderanse seguir en directo a través da web da RFEF de forma gratuíta. Os partidos de cada xornada poderán visionarse tamén a través da web do operador, en www.vuvuzela.es